DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 45007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a explotación avícola de recría de poñedoras situada na Puxeda, no concello de Palas de Rei, Lugo (expediente 2024-IPPC-I-041).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE número 273, do 10 de novembro), faise público que durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación titulada Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental para explotación de cría de galiñas. Calquera persoa interesada poderá consultala e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostenibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, no horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Categoría principal da actividade: 9.3.a) (instalacións gandeiras dedicadas á cría e ceba, en explotacións intensivas, de todo tipo de aves, tanto para a produción de carne coma para a produción de ovos ou para reprodución)

Titular: Granja Campomayor, S.L.

NIF: B27015429.

Domicilio social: Ximonde, estrada nacional 247, km 27, concello de Palas de Rei (Lugo).

Enderezo da instalación: lugar A Bragaña, parroquia A Puxeda, concello de Palas de Rei (Lugo).

Actividade principal: explotación avícola de recría de poñedoras.

Descrición: construción dunha nova explotación avícola de 129.360 prazas para a recría de poñedoras, mediante a construción dunha nave con aviarios. Tamén se proxecta a construción dunha esterqueira, dunha caseta para o grupo electróxeno e residuos e dunha zona administrativa.

Verteduras: as aguas residuais procedentes da limpeza das naves e os lixiviados da esterqueira son levados a un depósito estanco antes de seren recollidos por un xestor autorizado. A instalación dispón dunha fosa séptica estanca para a recollida das augas residuais dos aseos. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Control do esterco: o esterco xerado será recollido por un xestor autorizado.