DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 31 de xullo de 2024 Páx. 45047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de substitución do apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán, Cangas II.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán Cangas II, no concello de Bueu, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 15 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/326-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución do apoio 65 da LAT 66 kV DC Lourizán Cangas II.

Concello: Bueu.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data ocupación

Depósito previo

1

36004A036005880000QS

Descoñecido

12 de agosto de 2024

2024/54/345