O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.
O 27 de abril de 2023, a Xunta de Galicia aprobou o proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG) na zona sur da ATM de Ferrol, de clave AC/22/045.06, nos concellos de Ares, Mugardos, Narón, Fene e Neda, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 90, do 11 de maio de 2023.
A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG número 179, do 20 de setembro, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Ares, Mugardos, Narón, Fene e Neda, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación en que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Termo municipal de Ares.
Lugar: salón de plenos do Concello de Ares.
Data: 22 de agosto de 2024, ás 9.30 horas.
Termo municipal de Mugardos.
Lugar: salón de plenos do Concello de Mugardos.
Data: 22 de agosto de 2024, das 10.45 ás 12.45 horas.
Termo municipal de Narón.
Lugar: salón de plenos do Concello de Narón.
Data: 22 de agosto de 2024, ás 13.30 horas.
Termo municipal de Fene.
Lugar: salón de plenos do Concello de Fene.
Data: 23 de agosto de 2024, das 9.30 ás 9.50 horas.
Termo municipal de Neda.
Lugar: salón de plenos do Concello de Neda.
Data: 23 de agosto de 2024, das 10.45 ás 12.45 horas.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de Ares, Mugardos, Narón, Fene e Neda e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, nº 2, 8º andar, 15071 A Coruña), e publicarase na seguinte ligazón da páxina web da consellería:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0355.html
Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, e poderán facerse acompañar á súa custa, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, procederá ao pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.
En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e data que se indican:
Termo municipal de Ares.
Lugar: salón de plenos do Concello de Ares.
Data: 12 de novembro de 2024, ás 10.30 horas.
Termo municipal de Mugardos.
Lugar: salón de plenos do Concello de Mugardos.
Data: 12 de novembro de 2024, das 11.15 ás 12.15 horas.
Termo municipal de Narón.
Lugar: salón de plenos do Concello de Narón.
Data: 12 de novembro de 2024, ás 13.15 horas.
Termo municipal de Fene.
Lugar: salón de plenos do Concello de Fene.
Data: 13 de novembro de 2024, das 10.15 ás 10.30 horas.
Termo municipal de Neda.
Lugar: salón de plenos do Concello de Neda.
Data: 13 de novembro de 2024, das 11.15 ás 12.45 horas.
No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.
O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, e non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros, e que deberá identificarse co documento nacional de identidade.
A Coruña, 5 de xullo de 2024
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña