De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE. A súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola directora territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.
A Coruña, 17 de xullo de 2024
Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
Anexo
Expediente: INC-CO-0087-2023 BIO.
DNI denunciado: 32815134E.
Acto de notificación: resolución.