De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
CO-RES-2023-022 |
Antonio Gabarre Montoya |
Resolución expediente sancionador |
OU-RES-2023-045 |
Tarzán Ilie |
Resolución expediente sancionador |
OU-RES-2023-046 |
Florica Papar |
Resolución expediente sancionador |
OU-RES-2023-047 |
Antonio Jorge Paco Belo |
Resolución expediente sancionador |
OU-RES-2023-059 |
Alan Montoya Giménez |
Resolución expediente sancionador |