De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 17 de xullo de 2024 do proxecto Conversión en autovía do corredor CG-1.5: Brión-Noia. Treito I: p.q. 11+640-21+300 (AC/17/182.01), nos concellos de Brión, Lousame, Noia e Rois (A Coruña), promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade