DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45353

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Pracíns e Rozadas

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral para a aprobación dos estatutos da comunidade.

O que subscribe, Santiago Santos Rodríguez, veciño do lugar das Rozadas núm. 10, parroquia de Chandebrito, concello de Nigrán (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Pracíns e Rozadas, por medio deste anuncio convoco a asemblea xeral a todos os usuarios de augas, que terá lugar o día 25 de agosto de 2024, ás 12.00 horas en primeira convocatoria e ás 12.30 horas en segunda convocatoria, no parque biosaudábel de Pracíns, coa seguinte

Orde do día:

1. Aprobación, se procede, das ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.

2. Rogos e preguntas.

Chandebrito-Nigrán, 26 de xullo de 2024

Santiago Santos Rodríguez
Representante da Comunidade