DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Avoceta Wind, nos concellos de Carballedo (Lugo) e Coles, Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cristovo de Cea e Vilamarín (Ourense) (expediente 2022/0148).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 19 de xullo de 2024, do proxecto do parque eólico Avoceta Wind, nos concellos de Carballedo (Lugo), e Coles, Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cristovo de Cea e Vilamarín (Ourense) promovido por Avoceta Solar, S.L.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental
e Sostibilidade