Manuel Fabian Martínez Peleteiro, veciño de Camiño do Castro, parroquia de Santa Uxía de Mougás, concello de Oia (Pontevedra), mediante este anuncio convoco á asemblea xeral ordinaria todos os usuarios de augas, da Comunidade Usuarios Traída de Augas Mariñas-Mougás, que terá lugar o 17 de agosto de 2024, ás 17.00 e ás 17.30 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no Centro Cultural de Mougás-Oia, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe do presidente.
3. Estado de contas.
4. Elección do novo secretario.
5. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións no exercicio 2024-2025.
6. Rogos e preguntas.
Mougás-Oia, 5 de xullo de 2024
Manuel Fabián Martínez Peleteiro
Presidente da Comunidade de Augas Mariñas-Mougás
