DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 5 de agosto de 2024 Páx. 45412

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 26 de xullo de 2024 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de profesorado permanente laboral.

Publicada a oferta de emprego público de 2023 pola Resolución do 3 de maio de 2023 (DOG do 11 de maio), e de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), nas Normas provisionais de adaptación dos procedementos de selección de PDI á LOSU e a súa normativa de desenvolvemento, aprobadas nos consejos de gobierno do 27.4.2023, 24.10.2023, 20.12.2023 e 5.6.2024, e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, no non regulado expresamente nas Normas provisionais de adaptación, esta reitoría fai público que pola Resolución do 26 de xullo de 2024 se convoca un concurso para a provisión das seguintes prazas de profesorado permanente laboral:

• Oferta de emprego público ano 2023: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de xullo de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución reitoral do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado