DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 6 de agosto de 2024 Páx. 45510

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), pola que se fan públicas a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 23 de xullo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6. da convocatoria, que o cuarto exercicio da oposición terá lugar o día 18 de setembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, núms. 2-4, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal