Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA REG804 en tramo entre apoios núm. 99 e 105, situada no concello de Xunqueira de Espadanedo, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.
O texto íntegro das referidas follas de aprecio atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 19 de xullo de 2024
A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados.
Número de expediente: IN407A 2022/81-3.
Instalación: regulamentación da LMTA REG804 en tramo entre os apoios núm. 99 e 105.
Concello: Xunqueira de Espadanedo.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Data da acta de ocupación |
|
1 |
Pena da Malla |
32038A036000440000KE |
C.M.V.M.C. Barrio, Xunqueira de Espadanedo e Obellariza |
Enderezo descoñecido |
11 de xullo de 2023 |
