O Pleno da Corporación, en sesión do 26 de xaneiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o estudo de detalle modificado de agrupación das parcelas P11 e P12 e demais determinacións do polígono industrial Lalín 2000, redactado por Juan Carlos Bardelas Lamas (col. 458 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense-COITIOU) con data de maio de 2023 (expediente 5887/2022).
Unha vez publicado o acordo no Diario Oficial de Galicia, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.
Contra ese acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Lalín, 30 de xullo de 2024
O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 7.7.2023; BOP do 14 de xullo)
Pablo Areán González
Concelleiro de Urbanismo
