DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0753/2023-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes PSC-CO-0753/2023-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, apartado c) da mesma lei.

A Coruña, 22 de xullo de 2024

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-0753/2023-PPM

44823746N

Resolución

Carleo de Abaixo, 16, 15230 Outes

(A Coruña)

PSC-CO-0753/2023-PPM

44823746N

Resolución

Rúa Eduardo Vicente, 35, B, 36930 Bueu (Pontevedra)

PSC-CO-0902/2023-PPM

46896327V

Resolución

Rúa Castiñeira, 40, Lorbé, 15177 Oleiros (A Coruña)

PSC-CO-0971/2023-PPM

32771329D

Resolución

Travesía Orillamar, 7, 2º, esq., 15001

A Coruña

PSC-CO-0974/2023-ORS

45908238P

Resolución

Extramundi de Abaixo, 15, 15900 Padrón (A Coruña)

PSC-CO-0986/2023-PPM

25145039J

Resolución

Aldea Porto de Quilmas, 12, planta Prl, O Pindo, 15296 Carnota (A Coruña)

PSC-CO-1074/2023-PPM

32805501A

Resolución

Rúa Antonio Sanjurjo Badía, 28, Pbx A, Fontán, 15160 Sada (A Coruña

PSC-CO-0050/2024-PRE

52450890B

Resolución

Listres, 54 baixo A, 15965 Aguiño, Ribeira (A Coruña)