DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 7 de agosto de 2024 Páx. 45762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a reordenación de dúas parcelas pertencentes ao polígono de Piadela.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de decembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de ordenación de parcelas no polígono de Piadela, Betanzos, presentado con data do 18 de setembro de 2018, (rexistro de entrada SIR 180111737893), pola entidade Terrenos Piadela, S.L., elaborado polo arquitecto Gumersindo Freire Vidal, con data do 5 de setembro de 2018, e que dou lugar ao expediente número 2018/X999/000748».

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado na seguinte url:

https://concello.betanzos.es/portfolio-items/aprobacion-definitiva-do-estudio-de-detalle-ordenacion-de-parcelas-no-poligono-de-piadela-betanzos/

Betanzos, 14 de xuño de 2024

María Barral Varela
Alcaldesa