De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Referencia catastral |
Localización/Polígono/Parcela |
Persoa responsable |
|
16.7.24 |
36041A036011470000OH |
Fraga do Conventino. Polígono 36, parcela 1147 |
En investigación |
|
16.7.24 |
36041A036011190000OY |
Fraga do Conventino. Polígono 36, parcela 1119 |
Carmen Torres González |
|
16.7.24 |
36041A036011310000OF |
Conventiño. Polígono 36, parcela 1131 |
María Teresa de la Fuente Arís |
|
16.7.24 |
36041A036011260000OL |
Fraga do Conventino. Polígono 36, parcela 1126 |
En investigación |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada comprobouse que na referida parcela incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de apeo, tronzado, empillado e saca mecanizada do arborado.
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Ha afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
2455/2019 (×MA 19/109) |
36041A036011470000OH |
0,0183 |
64,89 |
|
2455/2019 (×MA 19/109) |
36041A036011190000OY |
0,0109 |
38,65 |
|
2455/2019 (×MA 19/109) |
36041A036011310000OF |
0,0365 |
129,42 |
|
2455/2019 (×MA 19/109) |
36041A036011260000OL |
1,004 |
3.560,00 |
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 17 de xullo de 2024
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
