DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 8 de agosto de 2024 Páx. 45912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 22 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica aos solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra no expediente PR204A 2024/4077-4 e sete máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo,o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, número 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Pontevedra, 22 de xullo de 2024

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/pasaporte

PR204A 2024/4077-4

X0343562B

PR204A 2024/4326-4

09878653S

PR204A 2024/4597-4

Y0045588Q

PR204A 2024/4840-4

52496994T

PR204A 2024/4844-4

53184391L

PR204A 2024/4875-4

34879807P

PR204A 2024/4924-4

47632888A

PR204A 2024/4927-4

35628726R