A Xunta de Goberno do Concello da Laracha, na sesión ordinaria do 3 de xullo de 2024, aprobou inicialmente o Plan especial de Infraestruturas e dotacións para a ampliación e urbanización do cemiterio de San Martiño de Lestón.
O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal Ideal Gallego/Diario de Bergantiños.
Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para presentar as alegacións que se consideren pertinentes, na sede electrónica deste concello (https://sede.alaracha.gal/).
Acceso:
https://sede.alaracha.gal/etc/L01150413/2022U034000002/ispac5458396978489705192.zip
A Laracha, 12 de xullo de 2024
José Manuel Varela López
Alcalde
