
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector Público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Código/s CPV: 71311000-1 (servizos de consultaría en enxeñería civil) e 72200000-7 (servizos de programación de software e de consultaría).
4. Código/s NUTS do lugar principal do servizo: ES111 A Coruña, ES112 Lugo e ES114 Pontevedra.
5. Descrición do obxecto da licitación:
– Os traballos e as actividades incluídas na prestación consisten nos seguintes:
• O desenvolvemento, formación, implantación e adaptación da nova aplicación do Rexistro de Augas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia costa.
• A revisión dos expedientes e regularización do libro de rexistro actual no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia costa.
• A asistencia, apoio e colaboración na xestión das tramitacións sobrevidas durante o proceso de revisión.
– O desenvolvemento, formación, implantación e adaptación da nova aplicación do Rexistro de Augas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia costa inclúe, en termos xerais, o seguinte:
• O desenvolvemento dun sistema de información (SI) que cumpra co Real decreto 670/2013, do 6 de setembro, polo que se modifica o Regulamento do dominio público hidráulico aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, en materia de rexistro de augas e criterios de valoración de danos ao dominio público hidráulico.
• A interoperabilidade do SI coa Base Central da Auga (BCA) do Estado segundo o descrito na Orde AAA/1760/2016, do 28 de outubro, pola que se regula a estrutura informática do Rexistro de Augas e da Base Central da Auga.
• A posibilidade de cargar inscricións/asentos no SI co mesmo formato descrito na Orde AAA/1760/2016.
• O desenvolvemento dunha funcionalidade de xestión da revisión de expedientes e inscricións.
• A carga no SI de todas as inscricións existentes en Augas de Galicia de acordo co exixido no Real decreto 670/2013.
• A posibilidade de emitir certificacións sobre inscricións. O procedemento contará co seu formulario da sede electrónica da Xunta de Galicia e recollerá a posibilidade de poder cobrar taxas pola súa emisión.
• O Rexistro de Augas (RA) como rexistro público permitirá a consulta telemática dos datos públicos.
• O SI cumprirá coa normativa en materia de seguridade da información e interoperabilidade de aplicación.
• O SI cumprirá coa imaxe corporativa e accesibilidade exixida na Xunta de Galicia.
– A revisión dos expedientes e regularización do libro de rexistro actual no ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia costa inclúe, en termos xerais, os traballos de:
• Realizar a planificación dos traballos indicando as tarefas concretas que se van efectuar.
• Obter datos relativos as inscricións partindo do libro de rexistro actual da demarcación hidrográfica de Galicia costa e da documentación incluída nos arquivos oficiais de Augas de Galicia.
• Analizar a adecuación dos datos con base nas prescricións do artigo 193 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.
• Revisar en gabinete os expedientes e contrastar ou verificar en campo, se fose preciso, a información obtida en gabinete.
• Propor a tramitación que proceda tras a revisión dos expedientes.
– A asistencia, apoio e colaboración na xestión das tramitacións sobrevidas durante o proceso de revisión inclúe, en termos xerais, os traballos de apoio nas xestións dos expedientes xurdidos logo do proceso de revisión. Nestes traballos de asistencia inclúese:
• O apoio nos traballos para a elaboración do acordo de inicio do procedemento correspondente e a súa notificación.
• O apoio na tramitación: revisión e análise de documentacións técnicas, comprobacións do aboamento de taxas, colaboración na apertura de información pública e petición de informes, colaboración no traslado de informes e alegacións aos peticionarios.
• O apoio nas visitas de comprobación.
• O apoio nas tarefas de resolución dos expedientes.
• O apoio na tramitación de recursos.
• O apoio no seguimento de aproveitamentos vixentes.
6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, contratación suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
7. Orzamento base de licitación: importe neto: 5.613.406,12 euros. Importe total: 6.792.221,41 euros.
8. Valor estimado do contrato: 5.613.406,12 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.
9. Prazo de execución do contrato: 30 meses.
10. Criterios de adxudicación:
10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
10.2. Criterios de adxudicación: descrición da metodoloxía proposta (ponderación 44 %), proposición económica (ponderación 41 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), organización da execución dos traballos (ponderación 3 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 2 %).
11. Data da adxudicación do contrato: 4 de abril de 2024.
12. Número de ofertas recibidas:
12.1. Ofertas totais: 2.
12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.
12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
12.4. Ofertas por vía electrónica: si.
13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 8 de maio de 2024.
14. Empresa contratista:
14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: UTE-Aquática Ingeniería Civil, S.L. & Adantia, S.L. & Serye Ingenieros, S.L.
14.2. NIF: U16384307.
14.3. Enderezo: estrada Cambre-O Temple, 3-2º dereita, 15660 Cambre (A Coruña).
14.4. Código NUTS: ES111.
14.5. Correo electrónico: serye@seryeing.com
14.6. Fax: 981 25 22 87.
14.7. Teléfono: 620 96 36 10.
14.8. Pequena ou mediana empresa: si, as tres empresas que forman parte da UTE (Serye, S.L., Aquática Ingeniería Civil, S.L. e Adantia, S.L).
15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 5.231.694,50 euros. Importe total: 6.330.350,35 euros.
16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:
Actuación financiada no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan en Política panca II «Infraestruturas e ecosistemas resilientes»; compoñente 5 «Preservación do litoral e recursos hídricos»; medida: investimento 3 (C5.I3) «Transición dixital no sector da auga (vixilancia e control da contorna dixital»; fito número 79 «Posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos para previr os riscos climáticos»; proxecto 01 (C05.I03.P01) «Mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos»; subproxecto provisional 22 (C05.I03.P01.PROVISIONAL.S22) «PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia».
O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do que forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.
17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado:
17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.
17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
17.4. Código postal: 15781.
17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
17.6. Fax: 981 95 74 03.
17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.
Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE número 2023/S 134-428616, do 14 de xullo de 2023.
19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.
20. Outras informacións:
Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de xullo de 2023.
Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de xullo de 2023.
Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 11 de xullo de 2023.
Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 8 de abril de 2024.
Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 9 de maio de 2024.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de maio de 2024.
Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 16 de maio de 2024
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2024
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
