O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.
Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Pola Orde do 3 de marzo de 2016, do titular da consellería competente en materia de función pública, aprobáronse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).
Segundo o Decreto 59/2024, do 22 de abril, Almudena Chacón Pichel cesou no cargo de directora xeral de Planificación e Orzamentos. Polo Decreto 85/2024, do 22 de abril, foi nomeada e tomou posesión no cargo de interventora xeral da Comunidade Autónoma (DOG núm. 81, do 24 de abril), e presentou o anexo IV, Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.
Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.
Tal e como consta no referido modelo anexo IV:
1. Non se inclúen os seguros de vida.
2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Titular do cargo: Almudena Chacón Pichel.
Cargo público orixe da declaración: interventora xeral da Comunidade Autónoma.
Motivo: cesamento e toma de posesión.
I. Activo:
1. Bens inmobles (segundo o valor catastral):
2. Valor total doutros bens: 130.893 €.
3. Total: 130.893 €.
II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):