DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 9 de agosto de 2024 Páx. 46010

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

EXTRACTO da Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca continental para o fomento da riqueza piscícola e se fixa unha segunda convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT808A).

BDNS (Identif.): 779492.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas xurídicas que teñan o nomeamento de entidade colaboradora de pesca continental, de conformidade co disposto na Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, e no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda como no momento do pagamento desta.

Segundo. Obxecto

Axudas para actividades e investimentos de fomento da riqueza piscícola.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca continental para o fomento da riqueza piscícola e se fixa unha segunda convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT808A).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 28.843,69 €.

Fíxase un importe máximo de 9.360 euros de axuda para a subliña de vixilancia de tramos de pesca continental e de 2.500 euros para a subliña de actividades divulgativas ou formativas, por entidade colaboradora.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático