De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 10 do anexo I da Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación, reforma ou dotación de infraestruturas de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN541A), publícase por medio desta resolución o extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da dita orde.
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación, reforma ou dotación de infraestruturas de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN541A).
b) Aplicación orzamentaria: 39.02.732A.760.1.
c) Crédito orzamentario: 1.500.000,00 euros.
d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Finalidade: creación (liña A), reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas (liña B) de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Beneficiarios e importes das axudas: no anexo a esta resolución recóllense os beneficiarios e os importes das axudas.
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
Subvencións concedidas
Solicitante |
NIF |
Expediente |
Finalidade |
Contía da axuda total |
Concello de Bóveda |
P2700800B |
IN541A 2024/08 |
Reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais (liña B) |
41.286,08 € |
Concello do Carballiño |
P3202000J |
IN541A 2024/06 |
Reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais (liña B) |
75.000,00 € |
Concello da Lama |
P3602500E |
IN541A 2024/07 |
Reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais (liña B) |
38.714,38 € |
Concello das Somozas |
P1508200A |
IN541A 2024/09 |
Reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais (liña B) |
75.000,00 € |
Concello da Veiga |
P3208400F |
IN541A 2024/05 |
Reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais (liña B) |
75.000,00 € |
Concello de Vilamarín |
P3208800G |
IN541A 2024/01 |
Reforma ou dotación de equipamento ou infraestruturas de viveiros industriais (liña B) |
43.404,81 € |