De conformidade co establecido nas bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene e unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 910/2024, do 4 de xullo, nomeouse a María Concepción Prado Álvarez, con DNI ***4627**, persoal laboral fixo do Concello de Fene, dunha praza de orientadora laboral, coa clasificación: segundo convenio, equivalente subgrupo A2 e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.
As persoas interesadas poden consultar o texto íntegro da Resolución en:
https://sede.fene.gal/sxc/gl/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240708133029151.html
Fene, 8 de xullo de 2024
Juventino José Trigo Rey
Alcalde
