BDNS (Identif.): 776934.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e as súas federacións, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais de reparación de redes e as súas federacións, así como as demais asociacións de profesionais xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan as súas actividades profesionais no sector pesqueiro e teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
A orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xeral e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para accións formativas, financiadas polo FEMPA, que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 23 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro (código de procedemento PE610A).
Cuarto. Contía
Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito total dun millón catrocentos mil euros (1.400.000,00 €), distribuído en dúas anualidades, con cargo ás aplicacións orzamentarias 46.03.422K.770.0 e 46.03.422K.781.0, código de proxecto 202300177, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondendo setecentos mil euros (700.000,00 €) a cada unha das anualidades, 2024 e 2025.
O detalle da distribución do crédito é o seguinte:
|
Aplicación orzamentaria |
Código do proxecto |
Anualidade 2024 |
Anualidade 2025 |
Total |
|
46.03.422K.770.0 |
2023 00177 |
595.000,00 € |
595.000,00 € |
1.190.000,00 € |
|
46.03.422K.781.0 |
2023 00177 |
105.000,00 € |
105.000,00 € |
210.000,00 € |
|
Total |
700.000,00 € |
700.000,00 € |
1.400.000,00 € |
|
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
