Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: LAT 20 kV subterránea e novo CT Gaibor.
Situación: concello de Begonte.
Características técnicas principais:
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Nete (tramo 1), con orixe no apoio 1 (A53700) existente da LAT 20 kV Nete e final no apoio proxectado 5 (214393) tipo C-4500/14, cunha lonxitude de 430 metros, en condutor LA-110 existente.
• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Nete (tramo 2), con orixe no apoio 6 (2A88434) existente da LAT 20 kV Nete e final no apoio existente 7 (A82554), cunha lonxitude de 115 metros, en condutor LA-110 existente.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV a novo CT Gaibor, con orixe no PAS instalado no apoio proxectado 5 (214393), entra e sae no novo CT Gaibor e remata no PAS instalado no apoio existente 6 (2A88434), cunha lonxitude de 345 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado Gaibor, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha cela de interruptor automático telemandadas e unha de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe de 200 metros de condutor LA-110, un apoio de formigón, un regulador 7166 e da aparellaxe do CT13693 Gaibor.
Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
Orzamento: 143.003,67 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Begonte.
• Separata para a Axencia Galega de Infraestruturas.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 12 de xullo de 2024
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
