Por Orde desta consellería do 17 de xuño de 2024 (DOG núm. 122, do 25 de xuño) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na Área Sanitaria de Vigo.
De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta Consellería do 17 de xuño de 2024 (DOG núm. 122, do 25 de xuño) para os efectos previstos no punto 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo desta orde.
Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2024
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Posto: subdirector/a de Humanización e Atención á Cidadanía.
Nome e apelidos: Francisco Jesús Represas Carrera.
DNI (*): ***0929**.
Posto: director/a asistencial.
Nome e apelidos: Esther Casal Rodríguez.
DNI (*): ***3769**.
Posto: director/a de Enfermaría.
Nome e apelidos: Rosa María Morais Rodríguez.
DNI (*): ***0382**.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.