De conformidade co establecido no artigo 121 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG nº 143, do 24 de xullo), modificado pola Lei 1/2018, do 2 de abril, de saúde de Galicia (DOG nº 68, do 9 de abril), no artigo 4, número 1.1, do Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), e nos artigos 59 e 60 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas a esta consellería,
DISPOÑO:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.
Segundo. As retribucións fixas do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica. As retribucións variables serán percibidas en función do cumprimento dos obxectivos previamente pactados para cada posto directivo cos órganos competentes do Servizo Galego de Saúde.
Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As persoas interesadas deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un curriculum vitae. Dentro do prazo da convocatoria, ademais, deberán proceder a rexistrar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) os seus datos persoais, requisitos e méritos, e acreditalos ante unha unidade de validación. O acceso ao expedient-e efectuarase a través da páxina web (www.sergas.es) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 92, do 15 de maio).
Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto ofertado.
Sexto. Consonte os artigos 59 e 60 do citado Decreto 206/2005, o vínculo da persoa seleccionada formalizarase nun nomeamento de carácter administrativo para o persoal estatutario ou funcionario con vínculo de fixeza ao servizo de calquera Administración pública, pertencente ao grupo de clasificación que se corresponda co nivel académico que se require para o posto directivo e que se especifica no anexo I. Noutro caso, nos supostos previstos nas letras a), b) e c) do artigo 60 citado, a vinculación da persoa seleccionada poderá formalizarse mediante contrato laboral de alta dirección.
Sétimo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO I
Denominación do posto: director/a de Procesos de Soporte.
Titulación requirida: grao, licenciado/a ou diplomado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.
Localidade: Santiago de Compostela.