De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos adoptounos o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 23 de xullo de 2024
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
|
VI482F3601084 |
Y4108683T |
Resolución de concesión |
|
VI482F3601147 |
Y1753711K |
Resolución de concesión |
|
VI482F3601159 |
Y1425999J |
Resolución de concesión |
|
VI482F3600430 |
32682858L |
Incoación perda da axuda |
|
VI482F3601014 |
X1410670B |
Incoación perda da axuda |
