En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.
a) Casa Román, SAT nº 1252 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Gandeiría Casa Román, S.L., segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 23 de maio de 2024, que tivo lugar ante notario.
b) Pazo de Eiras, SAT nº 1239 Xuga, cancelada por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Finca de Eiras, S.L., segundo acordo adoptado na asemblea xeral do 2 de xaneiro de 2024, que tivo lugar ante notario.
c) Braña Salgueiro, SAT nº 1267 Xuga, cancelada de oficio por transformación nunha sociedade de responsabilidade limitada coa denominación Braña Salgueiro, S.L., segundo o acordo adoptado na asemblea xeral do 28 de febreiro de 2024, que tivo lugar ante notario.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e
Industrias Agroalimentarias
