DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 14 de agosto de 2024 Páx. 46861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacoba (Abegondo, A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Vizoño-Vilacoba (Abegondo, A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de xullo de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

Anexo

Vizoño-Vilacoba (Abegondo-A Coruña)

DNI/Nome

Nº de propietario

Acto notificado

32266610W

247

Trámite de audiencia

32421048H

575

Trámite de audiencia

32323406B

606

Trámite de audiencia

32185448F

633

Trámite de audiencia