DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 14 de agosto de 2024 Páx. 46834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 26 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2016/00187 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado encóntrase a disposición da persoa interesada na Dirección Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 26 de xullo de 2024

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2016/00187

53610161J

PO-2018/00379

09844475S

PO-2021/00453

78739591B

PO-2023/00815

35482160Z