De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.
Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección dos dereitos e o benestar dos animais (Lei 7/2023, do 28 de marzo, BOE núm. 75, do 29 de marzo) notifícanselle á persoa indicada no anexo.
Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a persoa interesada poderá comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:
– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
– Na sede desta dirección territorial provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Despois de transcorrer o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 26 de xullo de 2024
María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña
Anexo
|
Número de expediente |
Persoa interesada DNI/NIF/NIE |
Acto |
|
ANI-CO-0017/2024-V |
34297667K |
Acordo de inicio |
