DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 46900

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), para executar durante os anos 2024, 2025 e 2026.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

1. Resolución do 14 de maio de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a retirada, almacenamento e xestión de residuos procedentes da inspección e vixilancia pesqueira realizada pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

– Actividade: realización dos traballos relativos á retirada, almacenamento e xestión dos materiais, ben sexa como residuo, ou para a súa reutilización de artes de pesca procedentes de comisos realizados pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 15 de maio de 2024 ata o 15 de maio de 2026.

– Financiamento: con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aplicación orzamentaria 46.02.723A.608.0 con código de proxecto 2024 00150, cofinanciado nun 70 % con fondos FEMPA.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar