DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se extingue unha autorización ambiental integrada.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación porcina de porcos de ceba

Trámite: extinción da

autorización ambiental integrada

Titular: Manuel Fonseca Díaz

Localización: O Valadiño, concello de Sandiás (Ourense)

Número de rexistro AAI: 2008/0161_NAA/IPPC_242

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, para o que debe utilizar o seguinte o código de busca: 2008/0161_NAA/IPPC_242, ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade