DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 47032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente CO-RES-2023-022 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE), nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

CO-RES-2023-022

Lorenzo Gaspar Camacho Romero

Resolución expediente sancionador

CO-RES-2023-029

Ángel Borja Silva

Resolución expediente sancionador

OU-RES-2023-053

Ciprian Liviu Matei

Resolución expediente sancionador

OU-RES-2023-054

Gheorghe Sorin Matei

Resolución expediente sancionador

OU-RES-2023-055

Manuel Vizoso Menor

Resolución expediente sancionador

OU-RES-2023-058

Aaron Jiménez Romero

Resolución expediente sancionador

OU-RES-2023-061

Antonio Fernández Infante

Resolución expediente sancionador