Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre o ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol en LMT POR809 apoio AODSLSRN//6-28-3, no concello de Touro (expediente IN407A 2023/207-1), correspondentes ao predio e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo atópanse ao dispor das persoas interesadas na sede da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 30 de xullo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/207-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: instalación de telecontrol en LMT POR809 apoio AODSLSRN//6-28-3.
Concello: Touro.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data da ocupación |
|
1 |
Polígono 501. Parcela 329 |
Ángel Vázquez Lamas e irmáns |
9.8.2024 |
