Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo), con corrección de erros publicada no DOG núm. 139, do 21 de xullo de 2023, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter
facultativo de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1
Tribunal titular:
Presidencia:
– Ana Purificación Otero Ferreiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Secretaría:
– Beatriz García de Francisco, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Enrique Fernández Pérez, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
– Luis Miguel Barreiro Ares, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
– Eliseo León González, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Alberto Varela Castro, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
Secretaría:
– Antonio Tejada López, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
Vogais:
– Jesús Fernández Díez, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.
– Sabrina Millán Conde, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– Natividad Silva González, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
