De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalos na Dirección Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 A Coruña.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
A Coruña, 29 de xullo de 2024
María Barreiro Lázare
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
AC-2019/00594 |
Y8510109P |
|
AC-2023/00698 |
79331079P |
|
AC-2013/00146 |
Y0059385J |
|
AC-2023/00264 |
33294451L |
|
AC-2014/00344 |
44843640B |
|
AC-2018/00676 |
44473102A |
|
AC-2014/00323 |
39719760W |
