Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles, ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispoñen as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar as persoas solicitantes, como é a súa obriga, que reúnen os requisitos previstos na lei.
Lugo, 30 de xullo de 2024
O director territorial de Lugo
P.S. (Decreto 245/2009, do 30 de abril, e Orde do 4 de xullo de 2024)
Pilar Represa Fernández
Xefa de Servizo de Mobilidade de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIE/Pasaporte |
|
PR204A2024/2955-2 |
34291369W |
|
PR204A2024/2894-2 |
39167842S |
|
PR204A2024/3524-2 |
34882045S |
|
PR204A2024/3521-2 |
60409845T |
|
PR204A2024/3381-2 |
34994930Q |
|
PR204A2024/2815-2 |
X3276834R |
|
PR204A2024/2951-2 |
76583023S |
|
PR204A2024/3042-2 |
76583023S |
|
PR204A2024/2906-2 |
53795766P |
|
PR204A2024/3248-2 |
32684818R |
|
PR204A2024/3032-2 |
Y4588366H |
