DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2024 Páx. 47234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 30 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación urbana de Chantada (expediente 2024AAE2902).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 29 de xullo de 2024 sobre a modificación puntual número 9 do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Chantada.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar na seguinte ligazón da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2902).

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental
e Sostibilidade