DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47330

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 13 de agosto de 2024 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 12 de xaneiro de 2023 (DOG número 14, do 20 de xaneiro), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2023/24 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 14 de agosto de 2023 (DOG número 156, do 18 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2028/29.

De conformidade co artigo 3 da devandita Orde do 12 de xaneiro de 2023, os que se subscriban ou modifiquen mediante esta orde rematarán ao final do curso 2028/29, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento dos capítulos II e III da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.

Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes

1. Modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que para cada centro educativo se especifican.

2. As modificacións a que se refire o número 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2028/29, sen prexuízo das modificacións que, se é o caso, proceda introducir segundo o previsto no artigo 46 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos e no capítulo III da Orde do 12 de xaneiro de 2023.

Artigo 2. Desestimación de solicitudes

Desestimar as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo realizadas polas titularidades dos centros docentes que se relacionan no anexo II desta orde, debido a que as necesidades educativas da correspondente zona están cubertas segundo o artigo 6 da Orde do 12 de xaneiro de 2023.

Artigo 3. Formalización do concerto

1. A subscrición do concerto educativo formalizarase nun documento administrativo axustado ao modelo do anexo III da Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2023/24 e seguintes.

2. As modificacións dos concertos aprobados pola Orde do 14 de agosto de 2023 formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto subscrito polo centro.

3. Os documentos serán asinados pola persoa titular do centro privado ou a persoa con representación debidamente acreditada e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 3 da Orde do 5 de xuño de 2024 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nos departamentos territoriais da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

4. Se a persoa titular do centro non subscribise o documento administrativo de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.

Artigo 4. Efectos

Esta orde terá efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2024.

Disposición adicional única. Acordos asinados entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado

1. Durante o período de vixencia dos concertos que se aproban mediante esta orde aplicarase o Acordo asinado o día 14 de xuño de 2023 entre pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado sobre medidas de recolocación do profesorado afectado pola modificación das unidades concertadas.

No curso académico 2024/25, o devandito acordo é de aplicación ao persoal docente en pagamento delegado dos centros docentes privados concertados no curso académico 2023/24 que, como consecuencia da redución do número de unidades aprobada por esta orde, perda o posto de traballo do cal é titular a partir do 31 de agosto de 2024, sempre que a modificación do concerto non sexa imputable á titularidade do centro educativo.

2. Durante a vixencia do actual período de concertos facilitarase o acceso á xubilación parcial do profesorado incluído no réxime de pagamento delegado nas condicións establecidas no acordo entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as organizacións empresariais e sindicais do sector do ensino privado concertado.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Modificacións realizadas de conformidade
cos artigos 8 e 22 da Orde do 12 de xaneiro de 2023

a) Educación infantil:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15006501

CPR Plurilingüe Cristo Rey

Ferrol

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade

32016728

CPR Plurilingüe Luis Vives

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade

36010216

CPR Plurilingüe Divino Salvador

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade

b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO):

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004460

CPR Plurilingüe Peñarredonda

Coruña (A)

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

15032157

CPR Plurilingüe Andaina

Culleredo

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso)

Incrementar o concerto: 1 hora de orientación en 3º/4º

15020489

CPR Plurilingüe Montespiño

Culleredo

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade de EP

15013497

CPR Luis Vives

Pontedeume

Coruña (A)

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

32016731

CPR Malvedo

Coles

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

Incrementar 16 horas de orientación: 8 horas en 1º/2º curso e 8 horas en 3º/4º

32009062

CPR Cardenal Cisneros

Ourense

Ourense

Incrementar o concerto: 1 unidade de EP

36001008

CPR Plurilingüe Compañía de María

Cangas

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

36016115

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

Incrementar o concerto: 1 unidade de EP

36009925

CPR Plurilingüe Amor de Dios

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

36010976

CPR Plurilingüe Compañía de María

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

36011831

CPR Plurilingüe Las Acacias

Vigo

Pontevedra

Incrementar o concerto: 1 unidade de EP

36011166

CPR Mª Inmaculada

Vigo

Pontevedra

Incrementar o concerto: 1 unidade de ESO (1º/2º curso)

Suprimir o concerto: 1 unidade de ESO (3º/4º curso)

36011191

CPR Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Suprimir o concerto: 1 unidade de EP

c) Educación especial:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15033307

CEEPR Lenda Educativa

Carballo

Coruña (A)

Concertar: 2 unidades-plurideficientes

15004861

CEEPR Nosa Señora de Lourdes-Aspronaga

Coruña (A)

Coruña (A)

Incrementar o concerto: 1 unidade-psíquicos

32016728

CPR Plurilingüe Luis Vives

Ourense

Ourense

Suprimir o concerto: 1 unidade-psíquicos

d) Formación profesional básica:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

32016731

CPR Malvedo

Coles

Ourense

Suprimir o concerto: 2 unidades (1º e de 2º cursos) de Informática e Comunicacións

e) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

36011853

CPR Daniel Castelao

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Sistemas Microinformáticos e Redes (1 unidade)

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Sistemas Microinformáticos e Redes (1 unidade)

f) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional:

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

15004231

CPR Plurilingüe Karbo

Coruña (A)

Coruña (A)

Concertar o 2º curso do ciclo Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (1 unidade)

27006425

CPR Seminario Diocesano-San Lorenzo

Lugo

Lugo

Concertar o 1º curso do ciclo Acondicionamento Físico (1 unidade)

36015822

CPR Marcote

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso do ciclo Automatización e Robótica Industrial (1 unidade)

ANEXO II

Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas:

1. 15020431 CPR Agarimo, Arteixo, Coruña (A).

2. 15020313 EFAG El Piñeiral, Arzúa, Coruña (A).

3. 15004009 CPR Plurilingüe Calasancias, Coruña (A), Coruña (A).

4. 15004794 CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida, Coruña (A), Coruña (A).

5. 15004198 CPR Plurilingüe Hijas de Jesús, Coruña (A), Coruña (A).

6. 15004782 CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha, Coruña (A), Coruña (A).

7. 15022000 CPR Montegrande, Coruña (A), Coruña (A).

8. 15004356 CPR Nebrija Torre de Hércules, Coruña (A), Coruña (A).

9. 15010769 CPR Plurilingüe María Assumpta, Noia, Coruña (A).

10. 15014520 CPR Plurilingüe Galaxia, Ribeira, Coruña (A).

11. 27006255 CPR Plurilingüe Divino Maestro, Lugo, Lugo.

12. 27007223 CPR Real Colegio Padres Escolapios, Monforte de Lemos, Lugo.

13. 27013624 CPR Plurilingüe Landro, Viveiro, Lugo.

14. 32008665 CPR Plurilingüe Divino Maestro, Ourense, Ourense.

15. 32008458 CPR Plurilingüe María Auxiliadora, Ourense, Ourense.

16. 32008616 CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, Ourense, Ourense.

17. 32008513 CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, Ourense, Ourense.

18. 32020720 CPR Plurilingüe Miraflores, Pereiro de Aguiar (O), Ourense.

19. 36000569 CPR Salesianos A Mercé, Cambados, Pontevedra.

20. 36004526 CPR Plurilingüe San Narciso, Marín, Pontevedra.

21. 36019724 CPR Cemar, Mondariz-Balneario, Pontevedra.

22. 36005427 CPR Plurilingüe Lar, Mos, Pontevedra.

23. 36005671 EFAG A Cancela, Neves (As), Pontevedra.

24. 36018847 CEEPR Juan María, Nigrán, Pontevedra.

25. 36019815 CEEPR Amencer, Pontevedra, Pontevedra.

26. 36025104 CEEPR Amencer-Aspace, Pontevedra, Pontevedra.

27. 36006641 CPR Plurilingüe Calasancio, Pontevedra, Pontevedra.

28. 36011622 CPR Aloya, Vigo, Pontevedra.

29. 36010903 CPR Plurilingüe Apóstol Santiago, Vigo, Pontevedra.

30. 36010253 CEEPR Fogar e Clínica San Rafael, Vigo, Pontevedra.

31. 36025165 CPR FP Montecastelo, Vigo, Pontevedra.

32. 36011312 CPR San Fermín, Vigo, Pontevedra.

33. 36011211 CPR Plurilingüe San Miguel 2, Pontevedra, Pontevedra.