DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 145, do 26 de xullo de 2024, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos de persoal funcionario da oferta de emprego público do ano 2022 do concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra) pendentes de execución, en concreto:

– Concurso oposición para a cobertura de 1 praza de traballador/a social (subgrupo A2).

– Concurso oposición para a cobertura de 1 praza de auxiliar administrativo/a (subgrupo C2).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra e/ou na sede electrónica do concello na forma prevista nas propias bases.

Vilanova de Arousa, 26 de xullo de 2024

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde presidente