DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2024 Páx. 47710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de maio de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente o edificio 12.31.EDF.003 (lonxa e 6 departamentos), co fin de desenvolver a actividade portuaria de lonxa para a Confraría de Pescadores Virxe da Barca, no porto de Muxía (código 12-31-24-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores Virxen da Barca, de Muxía, para a ocupación de DPP en superficie e parcialmente o edificio 12.46.EDF.003 (lonxa e 6 departamentos), titularidade de Portos de Galicia, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 21.5.2024, e segundo a confrontación da ocupación asinada o 1 de abril de 2024.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º andar, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 30 de maio de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro