DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2024 Páx. 47700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se lle notifica a un interesado a resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño, Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o propietario da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia da resolución de modificación do acordo da dita zona.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Pontevedra, 2 de agosto de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto que se notifica

MACTEGF029

76906806G

Resolución de cambio de titularidade