De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0266/2024-PPM e un máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, núm. 2, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2 f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2 f) citado.
A Coruña, 1 de agosto de 2024
Mª José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Número de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
|
PSC-CO-0266/2024-PPM |
52933170G |
Inicio |
Bandalrio, núm. 61, 3ºF, Castro, Sta. María, 15939 Boiro (A Coruña) |
|
PSC-CO-0424/2024-PRE |
47385207D |
Inicio |
Avenida Barrié de La Maza, núm. 83, 5º Esq., 15160 A Coruña |
