A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 1 de xullo de 2024, acordou:
Primeiro. Aprobar e ratificar o texto definitivo do convenio urbanístico para a execución do planeamento, que foi negociado e subscrito polo Concello de Carballo e polos propietarios da parcela situada a carón do Centro de Saúde de Carballo, con referencia catastral 5456929NH2855N0001XM.
Segundo. Notificar e emprazar as persoas interesadas, para os efectos de que se asine o convenio urbanístico referenciado, nun prazo de quince días desde a notificación da aprobación do texto definitivo. Transcorrido este prazo sen que o convenio fose asinado, quedará sen efecto.
Terceiro. Publicar o texto íntegro do convenio, xunto co seu acordo de aprobación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello.
Cuarto. Anotar o nome do convenio no Rexistro de Convenios do Municipio e custodiar un exemplar completo do seu texto definitivo e de toda a súa documentación anexa no arquivo administrativo municipal.
O texto íntegro do convenio pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello, na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/
Carballo, 24 de xullo de 2024
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde
