DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2024 Páx. 47735

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a sete encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para seren executadas durante os anos 2024, 2025 e 2026.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 20 de maio de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a revisión dos devanditos plans de cara á avaliación das porcentaxes máximas de intensidade de axudas específicas no ámbito do FEMPA. Edición 2024.

– Actividade: a revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a revisión dos devanditos plans de cara á avaliación das porcentaxes máximas de intensidade de axuda específicas no ámbito do FEMPA, edición 2024.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 21 de maio de 2024 ata o 30 de novembro de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 46.02.723A.640.1, código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

2. Resolución do 24 de xuño de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) o apoio á Consellería no control das poboacións da ostra rizada (Magallana gigas) nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo.

– Actividade: o servizo de control e seguimento das potenciais poboacións de ostra rizada (Magallana gigas) que se poidan chegar a establecer nas zonas costeiras das tres rías máis meridionais das Rías Baixas (Arousa, Pontevedra e Vigo).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 25 de xuño de 2024 ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 46.02.723A.641.0, código de proxecto 2023 00242. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

3. Resolución do 24 de xuño de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a coordinación de accións de mellora da capacitación das asociacións de produtores de mexillón.

– Actividade: o servizo de coordinación de accións de mellora da capacitación das asociacións de produtores de mexillón.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 25 de xuño de 2024 ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 46.02.723A.641.2, código de proxecto 2024 00155. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

4. Resolución do 17 de xullo de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización de actuacións de apoio á xestión pesqueira e da acuicultura e a planificación do litoral no marco dos plans de ordenación marítimo-espacial (POEM).

– Actividade: a realización de actuacións de apoio á xestión pesqueira e da acuicultura e a planificación do litoral no marco dos plans de ordenación marítimo-espacial (POEM).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 17 de xullo de 2024 ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 46.02.723A.640.1, código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

5. Resolución do 17 de xullo de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a prestación do servizo de elaboración das bases reguladoras para a regularización dos parques de cultivo do Carril vacantes.

– Actividade: a prestación do servizo de elaboración das bases reguladoras para a regularización dos parques de cultivo do Carril vacantes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 17 de xullo de 2024 ata o 30 de novembro de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 46.02.723A.640.1, código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

6. Resolución do 26 de xullo de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a realización, polo sistema de administración, dun servizo de oficina técnica para o apoio ao deseño e a construción de dúas embarcacións patrulleiras para o servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

– Actividade: a realización das actuacións de apoio á Consellería do Mar que teñen como finalidades últimas o seguimento no deseño e na construción de dúas embarcacións patrulleiras aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota pesqueira de Galicia. As ditas embarcacións patrulleiras colaborarán en operacións de procura e salvamento marítimo e participación en actividades de loita contra a contaminación mariña.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 26 de xullo de 2024 ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 46.02.723A.640.1, código de proxecto 2023 00193. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

7. Resolución do 9 de agosto de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) o servizo en materia de formación correspondente á impartición dun programa de accións formativas no ano 2024, no centro de formación A Aixola.

– Actividade: a realización pola Fundación Cetmar das accións para dar o servizo en materia de formación para a impartición dun programa de accións formativas no ano 2024 no centro de formación A Aixola.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de setembro de 2024 ata o 20 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, na aplicación orzamentaria 46.03.722A.640.1, código de proxecto 2024 00140. Cofinanciada polo FEMPA nun 70 %.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar