DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2024 Páx. 48141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o Plan especial de protección e de infraestruturas e dotacións para a implantación de bodega e actividades de enoturismo, no lugar de Campo Redondo, Santo André, Ribadavia.

O Pleno do Concello de Ribadavia, en sesión do 24 de xuño de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Visto o Ditame do Consello Consultivo de Galicia 211/2024, do 19 de xuño de 2024. Revisión de oficio da previsión relativa ás edificacións ao carón do río Avia e sinaladas como equipamento, contida no Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico-artístico de Ribadavia, no cal se indica:

Que se emite informe favorable sobre a proposta de resolución a que este expediente se refire.

En relación coa seguinte previsión do Plan especial de protección e reforma interior, aprobado definitivamente polo Pleno municipal do 25 de febreiro de 1999 e publicado no BOP do 19 de abril de 1999:

«as edificacións sinaladas como equipamento rehabilitaranse incorporándose como equipamento cultural á instalación do museo etnográfico»,

Acórdase:

– Declarar de oficio a nulidade, polos motivos expostos no informe da secretaría municipal existentes no expediente, da seguinte previsión do Plan especial de protección e reforma interior do conxunto histórico-artístico de Ribadavia:

«as edificacións sinaladas como equipamento rehabilitaranse incorporándose como equipamento cultural á instalación do museo etnográfico».

– Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do previsto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no Boletín Oficial da provincia.

– Efectuada a publicación, comunicada ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, para os efectos previstos no artigo 208 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O que se publica para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se trata dunha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Ribadavia, 25 de xuño de 2024

César Fernández Gil
Alcalde