En cumprimento da solicitude formulada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela en que se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 161/2024 interposto por Jesús Pérez Balirac, de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados na resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos extraordinarios de estabilización da entidade publica empresarial Portos de Galicia, publicada na paxina web de Portos de Galicia na seguinte ligazón: Información de procesos selectivos de Portos de Galicia - Portos de Galicia, para que poidan presentarse ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no prazo de nove (9) días, contados desde a publicación deste anuncio.
O que se fai publico para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente: PO 161/2024.
Demandante: Jesús Pérez Balirac.
Demandado: EPE Portos de Galicia.
Acto demandado: Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se desestima o recurso de reposición formulado pola outra parte contra a resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos extraordinario de estabilización.
Acto publicado: emprazamento aos interesados.
