DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2024 Páx. 48359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública a autorización ambiental integrada para a planta de elaboración de produtos conxelados e refrixerados de Profand Vilagarcía, S.L.U. en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) (expediente 2023-IPPC-I-70).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Ley 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia quedará exposto o documento titulado:

«Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de Profand Vilagarcía en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)».

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2023-IPPC-I-70.

Peticionario: Profand Vilagarcía, S.L.U.

CIF: B36278711.

Razón social: Peirao Comercial Oeste, núm. 2, Porto de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Localización da instalación: Peirao Comercial Oeste, núm. 2, Porto de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Actividade: planta de elaboración de produtos conxelados e refrixerados.

Descrición:

Profand Vilagarcía, S.L.U., pertence ao Grupo Profand cuxa actividade principal é a elaboración de produtos conxelados e refrixerados, especialmente cefalópodos, que desenvolve a actividade desta instalación no Porto de Vilagarcía de Arousa desde 1998, cambiando de donos e de razón social ao longo dos anos e, ao mesmo tempo, ampliando as instalacións e capacidade de produción polo que está actualmente sometido a autorización ambiental integrada.

Dedícase fundamentalmente ao procesado de cefalópodos, como a pota, o polbo, a sepia e a lura como as principais especies coas que opera.

A vertedura das aguas residuais industriais realízao á rede de saneamento municipal, tras o paso pola depuradora propia da instalación.